C. Corral - Construcción artesanal de Instrumentos Musicais Galegos
 
Ver en español
XOSÉ SEIVANE
Unha persoa irrepetible e inesquecible. Sempre na nosa lembranza.

 
                                                           MANUAL PARA A
 
 
 
Carlos Corral naceu en Lugo no ano 1965, no seo dunha familia vencellada de sempre á música tradicional, xa que seu pai, Antón Corral, dende moi rapaz comezou a tocar a gaita e posteriormente foi investigando e traballando no mundo da construcción de instrumentos tradicionais.
 
Con 9 ou 10 anos aprende a tocar a gaita dentro do seo familiar, e a partir de ahí xa toda a súa vida xiraría ó redor da música tradicional. Ós 14 anos comeza a aprender o oficio da construcción artesanal de instrumentos sendo o seu mestre o seu pai Antón.Con 16 anos xa traballa no obradoiro da Cooperativa de Artesáns Soutelo de Montes en Lugo, xunto con Antón Corral, Ramón Casal e Sito Carracedo. De aquí sempre con Antón e Ramón trasladase a Vigo, con 18 anos para, baixo a dirección de Antón formar parte do Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos da Universidade Popular de Vigo (hoxe Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo), impartindo clases de construcción de instrumentos, onde continúa hoxe, logo da xubilación de Antón, como responsable da sección de instrumentos de vento tradicionais.
 
Durante todos este anos de docencia, tamén houbo lugar para a música. Foi un dos creadores do traballo audiovisual Instrumentos Musicais Populares Galegos, onde con Carlos Núñez e Anxo Pintos entre outros músicos graváronse tres LPs, cun libro no que se explican as características dos instrumentos e unha serie de diapositivas. Ao mesmo tempo foi membro da Banda de Gaitas Xarabal coa que gravou o disco homónimo. Por outra banda foi membro fundador do grupo TRISQUEL, co que gravou tres discos: O Chapeu de Merlín, Amandi, e Alicia no país das maravillas, coa banda sonora da obra de teatro do mesmo nome que foi composta e gravada Por encargo da compañía madrileña Factoría Teatro. Logo de Trisquel fundou o grupo de Folk-fusión VALIGAI co que gañou o Premio da Canción Galega da Xunta de Galicia e gravaría un CD promocional.
Ó mesmo tempo fundou, xunto con Nancy Mouriño e Francisco Sánchez, a revista de música folk NA GAITS, da que foi director ata a súa desaparición, e da que saíron á rúa 10 números, en principio con periodicidade trimestral e logo bimensual
Na actualidade deixa a música activa para dedicarse de cheo á docencia e a construcción profesional de instrumentos.
 
 
Para encargos, suxerencias ou consultasclica aqui
 
.