C. Corral - Construcción artesanal de Instrumentos Musicais Galegos
Necesita Flash Player para poder verlo.
Pito
 
POR FIN XA PODES TER UNPITO EN "RE", "DO" OU  "SI-b", UN ABANO MÁIS GRANDE DE POSIBILIDADES DE TOCAR CON OUTROS INSTRUMENTOS.
 
 
 
 
PITO EN RE
PITO EN RE
PITO EN DO
PITO EN DO
O pito, como instrumento que é, emprégase moito na actualidade, tanto
en grupos tradicionais como en folk, afinado nas tonalidades de RE, DO ou SI-b, ten un son doce e casi dúas oitavas de extensión cunha escala totalmente cromática.
Unha das innovacións mais salientables con respecto a os de hai uns anos, é o dobre furado nas notas MI e FA#, o que facilita a obtención do Mib e FA, que doutro xeito non poderíamos conseguir.
 
 
Pero o pito cumple outra función non menos interesante, que é a de
facilitar a práctica da gaita cando estamos no noso piso, xa que polo seu doce son non molesta ó vecindario, e tamén e un estupendo aliado
para aqueles que empezan
no apaixoante mundo da gaita,
xa que nos permite
practicar dixitación sin necesidade de preocuparnos do fol.
 
 
En canto as madeiras e anelados as opcións son as mesmas que nas gaitas
 
 
Clica aqui para ver a dixitación do Pito