Carlos Corral - Madeiras
Carlos Corral -  Instrumentos musicais galegos de vento
 
ver en español
 
Madeiras

Existen diversos tipos de madeira que se empregan na construcción de instrumentos, en función da súa dureza, densidade, resistencia á humidade e , por suposto polo seu timbre de son característico. As máis utilizadas, que non as únicas, son: buxo, pau violeta, pau rosa,  cocobolo, campincerán, bubinga, ébano ou granadillo
 

PAU VIOLETA
madeira moi veteada con tonos violaceos, dura, de son doce.
 
 
COCOBOLO
madeira moi veteada con tonos amarelo-laranxa, dura, de son doce pero potente.
 
 
CAMPINCERÁN
madeira moi veteada de cor violeta oscuro, dura, cun son de características similares ó cocobolo
 
 
GRANADILLO
muy dura, de cor marrón moi oscuro que co tempo ponse negra, de son brilante e moi potente.
 
 
BUXO
(puntualmente e dependendo a disponibilidade)
moi dura, de cor amarelento, de son potente e doce.
 
 
As madeiras responden de xeito diferente ós cambios bruscos de clima, o máis salientable son os alabeos e as fendas, polo que para ter un instrumento nun clima extremo, a madeira mais recomendable é o granadillo pola súa gran resistencia a estes cambios, e a menos recomendable é o buxo.