Carlos Corral - Método de traballo
Carlos Corral -  Instrumentos musicais galegos de vento
 
ver en español
Método de traballo    


Os instrumentos que atoparedes neste recuncho están elaborados, como non podería ser doutro xeito, baixo o sistema de construcción de Antón Corral, aplicando as técnicas, medidas e innovacións desenvolvidas ó longo de toda unha vida adicados á construcción, docencia e investigación.
 
O método de construcción dos meus instrumentos e totalmente artesanal, sin intervención de ningún tipo de maquina copiadora nin automática, sendo o proceso absolutamente manual dende o principio ata o final, polo que poderiamos dicir que cada un dos instrumentos é realmente único.

 
Os materiais empregados son sempre da maior calidade, tanto nas madeiras como no resto dos compoñentes do instrumento, aplicando todas aquelas innovacións tecnolóxicas que van aparecendo no mercado (foles de GORETEX, BANATINE,  corcho sintético, etc) 
 
 
 
 Por suposto o meu traballo está garantizado contra calqueira defecto de fabricación, arranxando sin coste algún, ou cambiando por una nova se fose necesario a peza defectuosa.