C. Corral - Construcción artesanal de Instrumentos Musicais Galegos
 
ver en español    
Os instrumentos que atoparedes neste recuncho están elaborados, como non podería ser doutro xeito, baixo o sistema de construcción de Antón Corral, aplicando as técnicas, medidas e innovacións desenvolvidas ó longo de toda unha vida adicados á construcción, docencia e investigación.
 
O método de construcción dos meus instrumentos e totalmente artesanal, sin intervención de ningún tipo de maquina copiadora nin automática, sendo o proceso absolutamente manual dende o principio ata o final, polo que poderiamos dicir que cada un dos instrumentos é realmente único.
 
Os materiais empregados son sempre da maior calidade, tanto nas madeiras como no resto dos compoñentes do instrumento, aplicando todas aquelas innovacións tecnolóxicas que van aparecendo no mercado (foles de GORETEX, BANATINE, etc) 
 
 
 
Para encargos, suxerencias ou consultas clica aqui 
 
 
Por suposto o meu traballo está garantizado contra calqueira defecto de fabricación, arranxando sin coste algún, ou cambiando por una nova se fose necesario a peza defectuosa.